Carta Decano 2010

Estimados compañeiros e compañeiras:

Nos próximos anos a Avogacía sufrirá unha profunda transformación que se desenvolverá en dous planos: O da Xestión Colexial e o do Exercicio individual ou Colectivo da Profesión.

A lei 25/2009 do 22 de decembro de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre libre acceso ás actividades de servizos e fíxoo, coa súa entrada en vigor o 27 de decembro de 2009. A modificación de aspectos que regulaba a Lei de Colexios Profesionais que contempla esta nova normativa e que supón xa a eliminación dos Baremos de Estipendios a salvo os criterios que se poidan elaborar para taxa de costas e xura de contas, é unha proba diso, pero non a única. A obriga da elaboración dunha memoria colexial anual; a necesidade de estruturar un servizo de atención aos colexiados e aos consumidores e usuarios; a creación da xanela única, son entre outras, esixencias que supoñerán un reto na xestión colexial e na súa presupostación económica.

A implantación do sistema Lexnet, competencia da Consellería de Presidencia, obrigaranos a familiarizarnos co expediente electrónico e a comunicación cos Órganos Xurisdicionais a través dun portal/plataforma informática que deben poñer en marcha. Para iso, está previsto en colaboración co Conselo da Avogacía Galega a realización da formación necesaria para traballar neste ámbito.

A posta en marcha da Lei de Reforma da Oficina Xudicial traerá consigo, como todo cambio, situacións de certa confusión que haberá que xestionar en colaboración coa Administración para que se manteña e recoñeza a avogacía como peza fundamental en canto á defensa dos dereitos dos cidadáns.

A Lei de Acceso á Profesión de Avogado e Procurador, con entrada en vigor o ano que vén, pero cuxo regulamento de desenvolvemento será publicado este ano, tamén supoñerá unha maior intervención e participación do noso Colexio na formación dos novos avogados, sen descoidar a formación continua que ha de desenvolverse a través da comisión colexial que a eses efectos se creou.

Haberá sen dúbida que traballar e estar preparado para os novos retos que se irán sucedendo, o que resultará máis doado grazas á colaboración de todos.

Arturo González Estévez
Decano.

 

Curso sobre expropiación forzosa, urbanística y valoraciones

curso_expropiacionesDurante los meses de Septiembre y Octubre se llevará a cabo un curso con el fin de dar respuesta a las necesidades operativas de toda índole que formulan el procedimiento expropiatorio y las valoraciones a los profesionales, mediante un curso que, impartido por asesores del Ministerio para la elaboración de la Ley vigente y del reglamento en elaboración, así como por especialistas del ámbito jurídico forense, universitario y jurisdiccional, conformen un foro de tratamiento sistemático, exhaustivo y ordenado de la expropiación y las valoraciones del suelo, con un enfoque con contenidos técnicos y jurídicos, estructurados en módulos interconectados teóricos y prácticos que, ciertamente, puedan contribuir a facilitar al profesional una buena formación en la materia, con una visión global y actualizada que le permita actuar con una mayor eficacia en defensa de los intereses de sus clientes.

Puede descargar aquí el folleto informativo del curso que incluye el formulario de inscripción.

 

Compañeros y compañeras en el homenaje a D. Manuel Souto Cacabelos

o24c9f1O pasado día venres 23 de xullo de 2010 ás 13:00 h., no salón de actos do Concello do Carballiño, tivor lugar un acto de homenaxe ao noso querido compañeiro, Sr. D. MANUEL SOUTO CACABELOS, polo seu extenso labor profesional, e como colexiado exercente, tras cumprir recentemente cen anos. É, sen dúbida, o avogado en activo de maior idade de todo o Estado español.
 

Master en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente

logo_master_dumaMATRICULA ABERTA no Master en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente pola Universidade de Vigo, clases en Ourense venres pola tarde e sábados de mañá, prezos públicos, descargar o tríptico informativo, máis información

www.masterduma.uvigo.es

Descargue aquí o triptico con máis información

 

 
Novedades Aranzadi
Acceso Usuarios
Nome de usuario
Contrasinal

Esqueceu o contrasinal?
Esqueceu o nome de usuario?

abogados

aca

logomutualidad

redavogacia

axg

logo_tol2