Cursos formación 2019 Consello da Avogacía Galega

O Consello da Avogacía Galega abre prazo de inscripción para cursos de formación a distancia mediante internet (e-learning):

•    Curso de Dereito de Estranxeiría 2019 (100 horas): nova edición con novos epígrafes e contidos actualizados segundo cambios normativos.
◦    Prezo: de balde, para colexiados/as exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía. 70 € para colexiados/as non exercentes.
•    Curso de Dereito de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (100 horas): céntrase no comercio e contratación electrónica, na protección do consumidor e na protección dos dereitos fundamentais, como intimidade e protección de datos na rede.
◦    Prezo: 75 €, para colexiados exercentes, non exercentes e alumnos do Máster da Avogacía.
•    Curso de Protección de Datos (50 horas): a través da análise en profundidade da Lei de Protección de Datos, aporta unha visión global dos cambios producidos polas novas tecnoloxías. Ao final do curso, impartirase un breve taller sobre adaptación do despacho profesional á LOPD e ao RGPD, expoñendo un caso práctico e facilitando formularios e pautas orientadoras.
◦    Prezo: 50 €, para colexiados exercentes, non exercentes e alumnos do Máster da Avogacía.
Os tres cursos impártense integramente en liña e o prazo de inscrición remata o 30 de setembro do 2019. A matrícula realizarase exclusivamente a través da aula virtualhttp://avogacia.gal/formacion. O prazo para a súa realización rematará o 28 de febreiro do 2020.

 

Máis información:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo  ou 981121893.