Conferencia: A proba nos delitos contra a liberdade sexual a raíz da LO 10/2022, do 6 de setembro, con especial referencia ao consentimento
O relator analizará con detalle o tema “estrela” da Lei relativo ao consentimento da vítima fixado no art. 178.1 CP:
- Análise e interpretación sobre o consentimento do art. 178.1 CP.
- Proba en materia de delitos contra a liberdade sexual.
- Doutrina recente do TS sobre proba relacionada con delitos contra a liberdade sexual.
- Proposición e práctica da proba en xuízo oral. As súas características en relación a estes delitos.
- Características sobre proba dos subtipos agravados en delitos sexuais contra adultos e menores.
Sobre Vicente Magro Servet:
- Maxistrado do Tribunal Supremo desde febreiro de 2018.
- Doutor en Dereito Penal e Procesual Penal con sobresaínte cum laude.
- Autor de 60 libros e máis de mil artigos xurídicos.
- Posúe a Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort, Premio Xustiza da Generalitat Valenciana en 2011, Medalla Penal do Ministerio do Interior 2013, Premio Calidade da Xustiza CGPJ 2014, Premio Soledad Cazorla en 2016 pola súa actividade contra a violencia de xénero, Premio ACIJUR en febreiro 2017 da prensa xurídica de Madrid.
- Tamén é membro asesor do Observatorio de Violencia doméstica e de xénero do CGPJ desde o ano 2002.
Inscrición
A inscrición é gratuíta e realizarase a través da plataforma de Zoom: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_rJ8f41YvSYqqzTvLTETWZA
Para calquera dúbida ou consulta, chamar ao 981121893 ou escribir a redes@avogacia.gal