Conforme ao dereito que recoñece o artigo 24 da Constitución aos cidadáns e cidadás de obter a tutela efectiva de xuíces e tribunais no exercicio dos seus dereitos lexítimos sen que en ningun caso poida producirse indefensión, a Lei de Asistencia Xurídica Gratuíta (Lei 1/1996 do 10 de xaneiro) e o Regulamento de Xustiza Gratuíta de Galicia (Decreto 269/2008 do 6 de novembro), establecen cales son os requisitos e pasos para acceder á xustiza en condicións de igualdade sen que o non ter bens suficientes sexa un impedimento para iso.
Swiss luxury fake rolex are of high quality. Wish you find your perfect replica watches here.
What kinds of Swiss made rolex fake watches are worth having? Perfect fake Rolex watches with low price and high quality.
A Asistencia Xurídica Gratuíta, é un conxunto de prestacións que comprenden, defensa gratuíta, representación gratuíta, e outra serie de prestacións establecidas no artigo 6 da Lei de Asistencia Xurídica Gratuíta, ás que teñen dereito toda persoa física cuxos recursos económicos e ingresos da unidade familiar, por calquera concepto, non superen, en norma xeral, dúas veces o IPREM ou os límites que establece o artigo 3 da Lei.
Tamén ten dereito á asistencia xurídica gratuíta, con independencia dos seus recursos económicos, as persoas traballadoras e beneficiarias da seguridade social dentro da orde social, as vítimas de violencia de xénero, de terrorismo e de trata de seres humanos, e menores e persoas con discapacidade vítimas de situacións de abusos ou malos tratos, e outras persoas que establece o artigo 2 da Lei breitling replica watches.
Para solicitala, ten que presentar o modelo de solicitude, que pode obter nos servizos de orientación xurídica dos colexios de avogacía, nos xulgados e dependencias da Xunta ou na páxina Web desta ou do ICA (formulario PR204A) e presentala, xunto coa documentación que na mesma requírese no Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (Rúa Concello, nº 22, entresollado de Ourense), ou no Xulgado do seu domicilio.
Unha vez tramitado o expediente polo Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, será a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta, dependente da Xunta de Galicia (En Ourense, en Avenida da Habana, 79-2º, C.P: 32004, Telf: 988 38 63 82), a que recoñeza ou denegue o dereito á asistencia xurídica gratuíta.
Para máis información: https://www.abogacia.es/servicios/ciudadanos/servicios-de-orientacion-juridica-gratuíta/