A Avogacía denuncia que a CNMC podería estar a protexer os intereses de Bankia ao pretender controlar a adecuación a dereito das resolucións xudiciais

O Pleno do Consejo General de la Abogacía Española na súa reunión celebrada o venres 24 de xuño de 2016 aprobou unha declaración institucional amosando a súa indignación polo expediente sancionador aberto pola Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia contra nove Colexios de Avogados que realizaron -a requerimento dos tribunales- informes non vinculantes e axustados a dereito sobre as costas procesais no caso Bankia.

 

Declaración institucional:

”A Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) abriu un expediente sancionador a varios Colexios de Avogados, tras unha denuncia de Bankia. O motivo alegado e un suposto sobreprezo que estaría a soportar esta entidade bancaria derivado da tasación das costas procesais polas demandas de centos de cidadáos afectados pola compra de accións na súa saída a bolsa.

Antes que nada, sería convinte explicar que son as costas procesais, quen as fixa e quen ten que pagarlas e por qué.

Cando un cidadán reclama os seus dereitos perante os tribunais, debe pagar os estipendios ao avogado que lle leve o asunto. Nin os Colexios de Avogados, nin o Consejo General de la Abogacía fixan estes estipendios, xa que é o profesional, loxicamente, quen pacta libremente co seu cliente o prezo dos servizos contratados en función da complexidade do caso.

Se se estiman integramente as pretensións do demandante (o cidadán, neste caso), a condena ao demandado (Bankia) leva aparellada o pago de todas as costas procesais, é dicir, os estipendios do abogado e os dereitos do procurador da parte contraria. O importe das costas ten que ser aprobado polo tribunal no que se tramitou o procedemento.

Para establecer o importe das costas, cando o condenado discrepa do mesmo, é preceptivo que os tribunais soliciten un informe aos Colexios de Avogados,  xa que son estas entidades as que teñen legalmente atribuída esta función.  Os informes non son vinculantes en ningún caso e é o órgano xudicial que os solicitou o que aproba definitivamente o importe con total liberdade de criterio.

É sobra coñecido que Bankia foi condenada por dar información falsa sobre a súa saída a bolsa e debe indemnizar aos afectados pola compra de accións. Pero ademais, coma perdeu o proceso, debe facerse cargo tamén das costas derivadas dos procedementos,  reintegrando así ao consumidor os gastos xerados pola súa defensa.

Tamén é público que Bankia, a pesares de ter xa centos de sentenzas contrarias aos seus intereses, non ofreceu aos afectados solucións extraxudiciais.

Se as costas, como xa explicamos, as aproban os xulgados; se os Colexios de Avogados se limitan a emitir un informe non vinculante,  ¿por qué Bankia se empeña en asegurar que os Colexios de Avogados “inflaron as facturas” nos pleitos contra a entidade? ¿Seica está a pedir un tratamento especial que palíe o impacto dos múltiples pleitos nos que viron desestimadas todas as súas pretensións e foi condenada a aboar as costas procesais?

Aínda que o máis grave e preocupante é que un organismo coma a CNMC-“o organismo que garante a libre competencia e regula todos os mercados e sectores productivos da economía española para protexer aos consumidores,  segundo a súa propia definición-  faga súa a denuncia da entidade bancaria e pretenda controlar a adecuación a dereito das resolucións xudiciais que estableceron con liberdade de criterio o importe dos estipendios profesionais que debe aboar Bankia coma resultado da condena en costas. E todavía o é máis que o faga actuando contra os Colexios de Avogados, que se limitaron a cumprir cunha obligación legal.

Á vista da actuación da CNMC, poderíase pensar que, máis que protexer aos consumidores, este organismo protexe os intereses de entidades financeiras que non se caracterizaron precisamente por respectar os dereitos nin os bens dos cidadáns”.

 

Dpto. de Comunicación del Consejo General de la Abogacía Española

Paseo de Recoletos nº 7-9, Madrid
Tfno. 91 532 17 69

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
www.abogacia.es